CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O novo Plan de transporte da Xunta permitirá os servizos directos de autobús desde O Barco de Valdeorras ata A Gudiña de forma coordinada cos horarios das liñas ferroviarias

Na reunión, tanto os alcaldes como os empresarios manifestaron o seu apoio explícito ao Plan proposto polo Goberno galego, como unha oportunidade para mellorar a mobilidade do rural

Vázquez Mourelle subliña que este plan, coa integración do transporte escolar, posibilitará que as empresas de transporte pasen de 170.000 km/ano que actualmente percorren os autobuses a preto de 1,1 millóns

Sinala que o Plan busca ofrecer a máxima cobertura territorial á dispersión xeográfica do rural, para o que se integrará o transporte escolar, o que permitirá aproveitar os asentos baleiros dos autobuses escolares

Indica que esta integración mellorará a mobilidade dos veciños de moitos municipios, xa que os rapaces terán blindada a atención ás súas necesidades e garantido o acompañante e a xente terá moitas máis paradas para coller o autobús

Precisa que se trata de aproveitar sinerxías para mellorar os servizos de transporte e coordinar os horarios coas necesidades da xente e que o autobús chegue a onde antes non chegaba

  • Ethel Vázquez reuniuse coa Asociación de Empresarios e cos concellos de Valdeorras e de Viana do Bolo para abordar este plan a través do que o 95 % dos veciños da bisbarra terán unha parada de autobús a 500 metros da casa
  • Ethel Vázquez reuniuse coa Asociación de Empresarios e cos concellos de Valdeorras e de Viana do Bolo para abordar este plan a través do que o 95 % dos veciños da bisbarra terán unha parada de autobús a 500 metros da casa
  • Ethel Vázquez reuniuse coa Asociación de Empresarios e cos concellos de Valdeorras e de Viana do Bolo para abordar este plan a través do que o 95 % dos veciños da bisbarra terán unha parada de autobús a 500 metros da casa

O Barco de Valdeorras (Ourense), 19 de xuño de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, reuniuse hoxe coa Asociación de Empresarios e cos concellos de Valdeorras e o de Viana do Bolo, aos que lle trasladou que o novo Plan de Transporte da Xunta permitirá os servizos directos de autobús desde O Barco de Valdeorras ata A Gudiña de forma coordinada cos horarios das liñas ferroviarias.

Nesta reunión, tanto os alcaldes como os empresarios manifestaron o seu apoio explícito ao Plan proposto polo Goberno galego, como unha oportunidade para mellorar a mobilidade do rural.

Vázquez Mourelle concretou que o novo Plan de transporte permitirá a disposición de servizos directos de autobús desde O Barco ata A Gudiña con conexión coas liñas ferroviarias, así como que o 95 % dos veciños teñan unha parada a 500 metros da casa.

A responsable de Infraestruturas do Goberno galego subliñou que este plan, coa integración do transporte escolar, posibilitará que as empresas de transporte pasen de 170.000 km/ano que actualmente percorren os autobuses a preto de 1,1 millóns. Precisou que se trata de aproveitar sinerxías para mellorar os servizos de transporte e coordinar os horarios coas necesidades da xente e que o autobús chegue a onde antes non chegaba.

A conselleira explicou os beneficios que suporá para a xente destes concellos o novo Plan de transporte público que está a poñer en marcha a Xunta coa fin de buscar de xeito especial incrementar a calidade do servizo e ofrecer a máxima cobertura territorial á dispersión xeográfica do rural.

A titular de Infraestruturas salientou que con este plan non só se quere garantir a continuidade dos servizos de autobús actuais, senón tamén incrementalos e reforzalos. Precisou que para iso integrarase o transporte escolar, o que permitirá aproveitar os asentos baleiros dos autobuses escolares que a xente poderá empregar tamén no período non lectivo baixo a fórmula de transporte a demanda.

Esta integración significará unha mellora palpable na mobilidade dos veciños de moitos municipios, especialmente do rural, xa que os rapaces terán blindada a atención ás súas necesidades e mellorado o servizo ao ter o acompañante garantido e a xente terá moitas máis paradas para coller o autobús e ir a unha consulta ao centro de saúde ou para desprazarse ata o concello para facer algunha xestión.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es