CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Os equipos técnicos da estación intermodal de Ourense presentan un proxecto funcional

Membros do equipo de Foster + Partners, Proyefe e Ineco detallaron nun acto aberto á cidadanía os detalles do proxecto que achega a terminal de autobuses á terminal ferroviaria e reforma e amplía esta última

Destaca a construción dunha pasarela urbana sobre as vías xunto á do acceso ás plataformas, que facilitará o tránsito e a reordenación da praia de vías

Executarase un aparcadoiro subterráneo con 300 prazas que permitirá recuperar para o uso urbano o espazo ante a estación ferroviaria, que se reconverterá en praza

A estación de autobuses disporá e 15 dársenas de viaxeiros máis outras 3 de regulación, xunto cun vestíbulo de máis de 400 metros cadrados

  • Membros do equipo de Foster + Partners, Proyefe e Ineco detallaron nun acto aberto á cidadanía os detalles do proxecto
  • Membros do equipo de Foster + Partners, Proyefe e Ineco detallaron nun acto aberto á cidadanía os detalles do proxecto

Ourense, 16 de xuño de 2017.- Os equipos técnicos responsables da estación intermodal de Ourense presentaron hoxe un proxecto funcional que pretende, ademais de conectar os modos de transporte, unir os barrios da Ponte e O Vinteún e recuperar espazos públicos da cidade.

Nun acto conducido polo decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, Ricardo Babío, o equipo de Foster+ Partners expuxo os detalles arquitectónicos do proxecto de ampliación e reforma da actual estación de ferrocarril de Ourense, mentres que a empresa pública Ineco presentou os detalles da adaptación da praia de vías e Proyfe explicou os aspectos relacionados coa estación de autobuses e o aparcadoiro.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o presidente de Adif, Juan Bravo, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e o alcalde, Jesús Vázquez, asistiron hoxe á presentación do proxecto integrado nun acto aberto á cidadanía no que os diferentes colectivos puideron der traslado das súas dúbidas, que foron respondidas.

Este proxecto responde ao Convenio Marco de Colaboración subscrito o pasado 22 de xuño de 2016 entre Adif Alta Velocidad, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para o desenvolvemento da estación intermodal, segundo o cal Adif se compromete a executar e financiar as obras de adaptación da estación de ferrocarril aos servizos de alta velocidade cun total de 140 millóns de euros (IVA incluído). A Xunta investirá preto de 10 millóns de euros nunha nova estación de autobuses e no aparcadoiro subterráneo.
En relación coa estación ferroviaria, o proxecto prevé a adaptación e ampliación do edificio de viaxeiros existente mediante un novo vestíbulo con zonas de espera, comerciais e aquelas asociadas aos novos fluxos de viaxeiros, previndo a intermodalidade coa nova estación de autobuses.

Ademais, construiranse dúas novas plataformas e catro vías en ancho estándar para os novos servizos de alta velocidade, mantendo a praia de vías de ancho ibérico na súa situación actual.

A estación de autobuses disporá e 15 dársenas de viaxeiros máis outras tres de regulación, xunto cun vestíbulo de máis de 400 metros cadrados. Así mesmo, vinculado á estación de autobuses executarase un aparcadoiro subterráneo con 300 prazas que permitirá recuperar para o uso urbano o espazo ante a estación ferroviaria, que se reconverterá en praza.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es