CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O corredor do Morrazo rexistrará cortes de tráfico a vindeira semana, para a realización de distintos traballos

O luns e o martes, entre as 9.00 e as 20.00 horas, pecharase un carril, de modo alternativo, no tramo final do corredor, desde o enlace de Cangas ata o final desta vía, para levar a cabo labores de repintado

O mércores, día 21, levarase a cabo, de 10.00 a 13.00 horas, un corte ao tráfico, para a realización de voaduras nos tramos I e II, para isto é necesario pechar o tramo ao tráfico

A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros
 

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2017.- O corredor do Morrazo rexistrará a vindeira semana varios cortes de tráfico co fin de realizar voaduras e outros traballos no tramo II, para seguir avanzando nas actuacións de conversión en autovía. Este peche ao tráfico responde á necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores.

A primeira das modificacións no tráfico terá lugar o luns e o martes no tramo final do corredor, desde o enlace de Cangas, punto quilométrico 11+400, ata o final do Corredor, Pq. 15, para levar a cabo o repintado no lugar onde se fixo unha rehabilitación localizada do firme, neste caso, será necesario cortar ao tráfico un dos carrís, dando tráfico alternativo. Os cortes terá lugar o luns 19, entre as 9.00 e as 20.00 horas, e o martes, día 20, no mesmo horario.

Por outra banda, o mércores, día 21, levarase a cabo, de 10.00 a 13.00 horas, un corte ao tráfico, para a realización de voaduras nos tramos I e II, para isto é necesario pechar o tramo ao tráfico.

A autovía do Morrazo é a maior obra viaria que ten actualmente a Xunta en execución, con obras nos treitos 1 e 2 e o treito 3 en proceso de contratación, supoñendo un investimento total de 54 millóns de euros.

No seguinte plano amósanse os desvíos que se veñen establecendo habitualmente para a realización de voaduras nesta infraestrutura viaria.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es