CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta, os sindicatos e a patronal acordan seguir dialogando na procura de solucións de consenso que permitan garantir os servizos e o emprego no transporte público

O vindeiro luns terá lugar un novo encontro técnico no que se analizarán as distintas propostas arredor da 1ª fase do Plan de transporte público de Galicia

A Xunta elaborou este novo Plan como alternativa para garantir que a partir de agosto haberá servizos e emprego despois das renuncias das empresas a seguir prestando máis de 500 liñas
 

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo hoxe unha reunión con representantes de traballadores e das catro federacións de empresarios do sector do transporte na que se acordou seguir dialogando na procura de solucións de consenso que permitan garantir os servizos e o emprego.

Neste encontro estiveron presentes Fegatravi, Transgacar, Anetra, Fegabus, así como os sindicatos CCOO, UGT e a CIG.

O vindeiro luns terá lugar un novo encontro técnico no que se analizarán as distintas propostas arredor da 1ª fase do Plan de transporte público de Galicia.

A Xunta elaborou este novo Plan de transporte como alternativa para garantir que a partir de agosto haberá servizos e emprego despois das renuncias das empresas a seguir prestando máis de 500 liñas.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: civ.prensa@xunta.es