CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Resolución do 18 de agosto de 2016 do Tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para a contratación temporal dun remudista a tempo parcial dun oficial administrativo/a (grupo III, categoría 62) na Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, pola que se lle da publicidade ás listas definitivas de admitidos e excluídos e ás puntuacións provisionais dos/as aspirantes.

Data de publicación: 18.08.2016

Descrición: Na sesión que tivo lugar o día 18 de agosto de 2016, o Tribunal nomeado por Resolución do secretario xeral técnico da Conselllería do día 13 de xuño de 2016 (modificado por Resolución do 27 de xuño de 2016 e por Resolución do 19 de xullo de 2016) para xulgar o proceso de selección para a contratación como remudista a tempo parcial dun oficial administrativo/a (grupo III, categoría 62) na Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda de Pontevedra, ACORDOU: 1º.- Aprobar as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos que se xuntan a esta resolución como anexos I e II, ás que se lle dá a debida publicidade de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria. 2º.- Aprobar as listas de puntuacións provisionais que constan como anexo III á presente resolución, ás que se lle dá a debida publicidade de conformidade co previsto na base quinta da convocatoria.

Documento/s relacionados
  • Resolución listas definitivas de admitidos e excluídos e puntuacións provisionais Descargar
Subir