CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Resolución do 28 de xullo de 2016 do Tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para a contratación temporal dun remudista a tempo parcial dun oficial administrativo/a (grupo III, categoría 62) na Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, pola que se lle da publicidade ás listas provisionais de admitidos e excluídos.

Data de publicación: 28.07.2016

Descrición:

 

Na sesión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2016, o Tribunal nomeado por Resolución do secretario xeral técnico da Conselllería do día 13 de xuño de 2016 (modificado por Resolución do 27 de xuño de 2016 e por Resolución do 19 de xullo de 2016) para xulgar o proceso de selección para a contratación como remudista a tempo parcial dun oficial administrativo/a (grupo III, categoría 62) na Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda de Pontevedra,

ACORDOU:

1.- Modificar a base cuarta da convocatoria “tribunal de selección” no sentido de substituir a María José Curra Moreira por Ana María de la Torre Beloso.

 

2.- Aprobar as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas, indicando as causas de exclusión, e proceder á súa publicación na páxina web da consellería e no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, de acordo co previsto na base quinta da convocatoria. Estas relacións xúntanse como anexos I e II á presente resolución.

 

Documento/s relacionados
  • Resolución listas provisionais admitidos e excluídos Descargar
Subir