CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Anuncio de oferta pública de emprego-Convocatoria da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a contratación temporal dun remudista a tempo parcial para un posto de oficial/a administrativo/a (grupo III, categoría 62) na Xefatura Territorial de Pontevedra.

Data de publicación: 04.07.2016

Descrición:

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia anuncia a convocatoria para a contratación temporal dun remudista a tempo parcial,  ao abeiro do artigo 12.7 do Real Decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, para a cobertura dun posto de oficial administrativo/a, (grupo lII, categoría 62) do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (código MA.C99.10.000.36001.036).

A praza a cubrir pertence á Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, estando ubicada nesa localidade.

 

A duración do contrato será dende a data de toma de posesión ata o 12 de xullo de 2020, data na que a xubilada parcial cumpre a idade de xubilación forzosa.

O/a remudista contratado/a traballará por anos completos, distribuíndose en períodos de 5 días de traballo efectivo e consecutivo, cunha xornada semanal de 28,12 horas,  cumprindo así co 75% da xornada que lle corresponde. Todo elo sen prexuízo das adaptacións  que sexa preciso realizar no ano de inicio da xubilación parcial (2016) e no ano no que se produza a xubilación definitiva (ano 2020), ao ser os períodos inferiores ao ano natural.

 

Documento/s relacionados
Subir