CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Anuncio de oferta pública de emprego - Convocatoria da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para a contratación dun remudista a tempo parcial coa categoría de Axente Auxiliar de Inspección de Transportes (Grupo III, categoría 49) no servizo de mobilidade da Xefatura Territorial da Consellería en A Coruña

Data de publicación: 16.07.2018

Descrición:

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda anuncia a convocatoria para a contratación temporal dun/ha remudista a tempo parcial coa categoría de Axente Auxiliar de Inspección de Transportes (Grupo III - categoría 49) do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia para a cobertura do posto IV.C99.10.000.15001.231, co obxecto de que un traballador do Servizo de Mobilidade da xefatura territorial da Consellería de Infraestructuras e Vivenda en A Coruña poida acceder a xubilación parcial. Dito contrato regúlase no artigo 12.7 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Dita praza depende do Servizo de Mobilidade na localidade de A Coruña.

O/a remudista contratado/a realizará o 75% da xornada de 273 días naturais (166 días de traballo efectivo) a realizar nos seguintes periodos:

  • Do 1 de xaneiro ata o 31 de maio
  • Do 1 de setembro ata o 31 de decembro

Todo elo sen prexuízo das adaptacións de xornada de traballo que sexa preciso realizar no ano de inicio da xubilación parcial (2018, de iniciarse este ano), e no ano en que se produza a xubilación definitiva (ano 2022) ao ser períodos inferiores ao ano natural.

Este contrato rematará o 26 de xuño do 2022.

Documento/s relacionados
Subir