CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Esgotamento de crédito. Axudas para adquisición de vehículos taxi adaptados (EUROTAXI)

Data de publicación: 29.06.2017

Descrición:

 ANUNCIO DE ESGOTAMENTO DO CRÉDITO

 

En atención ao número de solicitudes recibidas ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2017 (DOG n.º 100, do 29 de maio), o crédito dispoñible na citada convocatoria atópase ESGOTADO.

 

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 5.4 da orde indicada, de recibirse máis solicitudes de axuda, estas quedarán en reserva e poderán, se é o caso, ser subvencionadas ben co crédito que quede libre de se producir algunha renuncia por parte das persoas beneficiarias, ben cun posible incremento do crédito orzamentario destinado a estas axudas.

Subir