CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Anuncio de oferta pública de emprego - Convocatoria da Axencia Galega de Infraestructura (Consellería de Infraestruturas e Vivenda) para a contratación dun remudista a tempo parcial dun Auxiliar Técnico de Obar T.I.E.E (Grupo III, categoría 60) no servizo da Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en a Coruña

Data de publicación: 26.04.2017

Descrición:

A Consellería de Infraestructuras e Vivenda anuncia a convocatoria para a contratación temporal dun remudista a tempo parcial coa categoría de Auxiliar Técnico de Obra (Grupo III - categoría 60) do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia para a cobertura do posto MA.X99.10.000.15001.148, co obxecto de que un traballador da Axencia Galega de Infraestructuras poda acceder á xubilación parcial. Dito contrato regúlase no artigo 12.7 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

Dita praza depende da Axencia Galega de Infraestruturas, adscrita a esta Consellería de Infraestruturas e Vivenda na localidade de A Coruña.

O/a remudista contratado/a realizará o 75% da xornada de 273 días naturais (166 días de traballo efectivo) a realizar de xeito consecutivo dende o primeiro día do mes de abril ata o último día do mes de decembro do ano correspondente. Todo elo sin prexuízo das adaptacións da xornada de traballo que sexa preciso realizar no ano de inicio da xubilación parcial (2017, de iniciarse este ano), e no ano en que se produza a xubilación definitiva (ano 2021) ao ser os períodos inferiores ao ano natural.

Este contrato remata o 12 de marzo de 2021.

Documento/s relacionados
Subir